Os cursos de horticultura ecolóxica de SumaRibeira desenvolveranse a partir de mediados de agosto

04 Agosto 2020

A agrupación SumaRibeira lembrou esta semana que o prazo para inscribirnos nos obradoiros teórico-prácticos sobre horticultura ecolóxica que organiza a plataforma cidadá na segunda metade de agosto remata o día 15 deste mes. Nas actividades aprenderásenos a crear a nosa propia horta, mellorar a que temos ou, se non temos terreo propio, poder facelo nunha parcela cedida na parroquia de Castiñeiras. En termos máis concretos, abordaranse cuestións sobre a fertilización, a preparación do terreo, a loita contra as pragas, os cultivos de tempada, as sementes ou os traballos de colleita. Este obradoiro vai estreitamente ligado á horta ecolóxica habilitada en Castiñeiras este verán por SumaRibeira grazas á colaboración dun veciño da dita parroquia ribeirense, que cedeu a leira de xeito solidario e altruísta para poñela a disposición daquelas familias ou persoas que queiran cultivar para o seu autoconsumo, e facelo ademais de maneira ecolóxica.

As persoas interesadas deberán contactar con SumaRibeira a través do Facebook ou correo electrónico. As actividades formativas, todas elas de balde, desenvolveranse dende mediados de agosto até mediados de setembro. Os cursos estarán abertos a todas aquelas persoas interesadas en aprender a cultivar de maneira natural.

Debate cidadá

Segundo informou os días pasados SumaRibeira, a leira posta a disposición da veciñanza en Castiñeiras volve poñer sobre a mesa un debate aberto no concello pola agrupación cidadá, moi comprometida con políticas medioambientais e a sustentabilidade e que, xa hai un tempo, presentou unha proposición para a creación de horas ecolóxicas municipais no pleno municipal, sendo aprobada por unanimidade. Porén, lembran, “até o agora non se puido ver iniciativa concreta algunha por parte do Goberno local”.

Dende SumaRibeira recordan que “este tipo de proxectos están tendo boa aceptación en moitas partes do mundo, tamén aquí en Galicia, sobre todo nas cidades os gobernos municipais con sensibilidade no tema aportan terreos de propiedade pública ou cesións privadas para que os predios non estean abandonados e se lles poda dar un uso social, pedagóxico, estético ou culinario representando un atractivo máis a ter en conta e tamén en moitos casos serven de terapia e pasatempo para persoas maiores e xubiladas ou momentaneamente paradas”.

Outros artigos

A Copa Galega de Fútbol Gaélico xógase en Ribeira o 26 de abril

Este 16 de abril celebrouse en Ribeira a presentación da Copa Galega de Fútbol Gaélico que se vai a celebrar o vindeiro sábado 26 de abril no Complexo Deportivo da Fieiteira; á presentación acudiron, o concelleiro de Deportes Xabier Vidal, o segundo tenente de...

+

Accidente sen feridos en Vixán, concello de Ribeira

Os bombeiros do Parque Provincial de Ribeira acudiron na pasada noite a realizar unha limpeza de estrada por un accidente de tráfico, en Vixan, na parroquia de Carreira do concello de Ribeira. O vehículo saírase da vía, sen ningún outro implicado e sen que ningunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

Estaba sentada nunha parede baixiña, diante da porta da casa, no mesmo barrio que vivíasúa tía, na mesma rúa onde vivira súa nai, seu pai e onde viven agora moitos recordos,lembranzas da nenez, da mocidade, das historias que leu e das que lle contaron. Estaba,igual...