Os contos, o teatro e o circo para nenos e maiores abren o agosto cultural de Boiro

04 Agosto 2020

A contadora, actriz e escritora Raquel Queizás

Boiro ferve estes días de actividades culturais para veciños e residentes de todas as idades, con variedade de formatos pero co nexo común, todas as citas, de garantir a seguridade sanitaria dos asistentes. A axenda colle impulso este mércores 5 de agosto, coa celebración dun espectáculo de narración oral coa contadora Raquel Queizás. Trátase de Romaría: Contos e lendas da nosa terra. Será unha cita moi indicada para o público infantil e familiar. Celebrarase nos muíños do paseo do río Breiro, a partir das 12.00 horas. Pódese reservar a entrada no enderezo electrónico cabodecruz@boiro.org ou no mesmo día da actuación, por orde de chegada, até completar o aforo.

Este mesmo mércores, tamén haberá marxe para o circo. Será na praza da Agramuíña, diante do Centro Social de Escarabote, da man de Isla Le Triska. As prazas para o espectáculo, previsto para as 21.00 horas, pódense solicitar no devandito correo electrónico, ou no mesmo día da actuación, por orde de chegada, até completar o aforamento.

Un intre dunha actuación de Desastronauts

O venres 7 de agosto prosegue a festa circense no paseo marítimo de Barraña, ás 21.00 horas, cos Desastronauts (humor ingrávido para facer voar a imaxinación), o dúo circense formado por Raquel Veganzones e Girisho Gordon, con sede principal de operacións en Santiago (achegando espectáculos de acrobacias que destacan pola mestura de “risco, innovación, humor, orixinalidade, calidade e, sobre todo, falta absoluta de vertixe”). As entradas para o seu espectáculo Máis alto aínda poderán reservarse no enderezo cabodecruz@boiro.org ou no mesmo día de actuación, por orde de chegada, até completar aforo.

O programa seguirá subindo en intensidade os días seguintes co teatro-comedia para público infantil e familiar de Galeteatro (Muiñada, o sábado 8 ás 12.30 horas). Será nos muíños de ponte Goiáns. As entradas para o espectáculo, moi axeitado para a rapazada de máis de 5 anos, poderán reservarse tamén na devandita conta de correo electrónico ou no mesmo día da actuación, por orde de chegada, até completar aforo. O espectáculo inclúe unha visita guiada aos muíños de ponte Goiáns, que sairá da praza de Galicia de Boiro ás 11.45 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.