O Pazo de Rianxiño acolle o 27 de agosto un obradoiro de free style

21 Agosto 2020

A regueifa galega, a arte de retrucar oralmente en xeiras de improvisación entre varias persoas, segue viva e nas súas máis modernas manifestacións chámase free style, que é a arte de improvisar a través das técnicas e metodoloxías propias do rap e doutras expresións. Quen queira mergullarse nesta nova arte urbana non ten que ir moi lonxe da nosa contorna, porque este xoves 27 de agosto celébrase no Pazo de Rianxiño (Rianxo) un Obradoiro de free style en galego. Será impartido, ao abeiro do programa Ceibarimas, por Frank MC, do grupo de rap Rebeliom do Inframundo.

No obradoiro poderán participar até 15 persoas. Celebrarase en horario de 18.00 a 20.00 horas. Quen queira participar pode formalizar a inscrición a través da web do programa galego Ceibarimas ou ben na páxina do departamento de Xuventude Rianxo.

Segundo clarifica a Wikipedia sobre estas novas correntes artísticas orais, o termo freestyler define a aquela persoa que destaca improvisando, aínda que xeralmente utilízase o termo MC. A diferenza entre os dous termos radica en que o freestyler unicamente encárgase de improvisar, mentres que o MC pode rapear e improvisar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.