O GAEM de Ribeira contará a curto prazo cun novo vehículo de asistencia

31 Agosto 2020

O Concello de Ribeira informa da apertura do prazo de presentación de ofertas para o subministro dun vehículo destinado ao Grupo de Apoio e
Emerxencias Municipal (GAEM).
O exponencial aumento do volume de traballo deste servizo dende que se produciu a irrupción da pandemia fai conveniente a adquisición dun vehículo que posúa unhas prestacións adecuadas as funcións que realizan os efectivos do GAEM. Así, deberá contar cunha potencia mínima de 120 cabalos e unhas dimensións mínimas de 5,30 metros por 1,85 metros. Tamén ten que ter freos dianteiro e traseiro de disco, motor turbodiésel, seis prazas e cambio manual de seis velocidades. Así mesmo, posuirá dúas portas dianteiras, portón lateral deslizante acristalado e porta dobre traseira sen cristal. O volume de carga debe situarse entre 3 e 5 metros cúbicos.

Trátase dunha contratación que está subvencionada a través dun
convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ribeira, asinado con data de 9 de xullo. O orzamento base de licitación son 32.000 euros, IVE incluído, e o prazo de entrega é de 45 días a partir da formalización do contrato.
As empresas interesadas dispoñen ata o 11 de setembro á medianoite e poden formular as súas propostas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.