O Concello de Ribeira entre os estafados mediante contas falsas de empresas

12 Agosto 2020

Os concello de Ribeira e Vilagarcía foron obxecto de estafas por unha rede que usurpa os datos de empresas coas que teñen contratados servizos para, mediante a creación de contas falsas, conseguir que os pagos vaian parar aos seus petos. As compañías das que subtraeron os datos para suplantar a súa identidade son distintas en cada concello pero o procedemento é o mesmo.

Os estafadores abriron contas a través da banca dixital cun NIF falso. Facéndose pasar pola empresa en cuestión, remitiron correos aos servizos económicos das respectivas Administracións locais notificando un cambio de conta bancaria para que, a partir dese momento, fixesen alí os ingresos. No caso de Ribeira, a empresa suplantada é Ferrovial coa que o Concello ten contratado o servizo de iluminación pública. O pago que foi parar a mans dos estafadores ascendeu a 180.000 euros.

O asunto está baixo investigación xudicial e as informacións adiantadas polo concello indican que se solicitaron as certificacións correspondentes, que foron achegadas polos estafadores, e efectuouse a transferencia á nova conta. Foi a propia entidade bancaria a que advertiu ao Concello de que o departamento de fraudes detectara a existencia dunha conta fraudulenta. Inmediatamente o Concello interpuxo unha denuncia en comisaría.Os casos de Ribeira e Vilagarcía coinciden en que é a mesma entidade bancaria na que os estafadores suplantaron ás empresas de servizos. Trátase do BBVA que alertou aos responsables municipais de que existía unha conta fraudulenta.

No caso de Ribeira o fraude ascende a 180.000 euros en Vilagarcía: 187.000 euros que se realizaron en dous pagos. Avisado polo banco, o Concello arousán puido recuperar o segundo deles, de 90.000 euros.

Outros artigos

Adxudicada a pavimentación da rúa Lorenzo Mariño de Aguiño

O Concello de Ribeira vén de adxudicar a pavimentación da rúa Lorenzo Mariño na parroquia de Aguiño, cun orzamento de 132.225 euros e un prazo de execución de 2 meses. Segundo explican fontes do Consistorio, a rúa Francisco Lorenzo Mariño é unha das vías con mais...

+

O xurelo e o lirio de Ribeira viaxan a SALIMAT da man da OPP83

A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía de Ribeira (OPP83) viaxará a Silleda para participar no 27o Salón de Alimentación do Atlántico, SALIMAT Abanca 2024. A OPP83 realizará unha degustación para os asistentes na que dará conta das excelencias do xurelo e o...

+

A XXIV Mostra de Teatro Infantil de Ribeira arrinca este 31 de maio

Este martes 28 de maio a concelleira de Cultura, Antía Alberte, presentou a vixésimo cuarta edición da Mostra de Teatro Infantil de Ribeira Daniel Gómez Ramil. Fíxoo na compaña de Óscar Romero, director do grupo infantil municipal. Esta mostra, sinalaron, permite pór...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cando existen intereses contrapostos na pesca”. Antón Luaces

“Cando existen intereses contrapostos na pesca”. Antón Luaces

Dicirmos que hai diverxencia entre o sector pesqueiro e os gobernos (autonómico e/ou central) non é descubrir, arestora, o Atlántico. Resulta tan evidente ese desencontro, que só a desunión permanente no eido da pesca marítima explica que o sector, en Galicia e as...