O Concello da Pobra efectúa a instalación de luminarias LED no Polideportivo da Tomada

20 Agosto 2020

A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal vén de comunicar novidades ao abeiro do seu plan para mellorar este ano as instalacións deportivas locais. Entre as actuacións previstas inclúese a optimización do alumeado no Polideportivo da Tomada, unha iniciativa que foi xestionada dende a Concellería dos Servizos Municipais, que, grazas ao aforro propiciado por terse trocado o alumeado urbano municipal (proceso financiando polo IDAE), procedeu a colocar 20 luminarias LED no dito complexo deportivo.

O obxectivo esta actuación foi ofrecer aos usuarios e usuarias do pavillón unha mellor iluminación mentres realizan a súa actividade, ademais de supoñer un aforro enerxético e repercutir a nivel económico e medioambiental. As obras de instalación foron realizadas polo corpo de electricistas municipais e concluíron a finais da semana pasada. Segundo informa o Concello, os novos focos foron adquiridos pola Administración local por un importe de 4213’64 euros con cargo aos orzamentos municipais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.