“O buque Miguel Oliver comezou a campaña Descarsel” . Antón Luaces

30 Agosto 2020

Onte, sábado, o buque Miguel Oliver, da Secretaría General de Pesca, comezou en Vigo a campaña oceanográfica Descarsel 0820 que se vai desenvolver, ata o 9 de setembro, en aguas do caladoiro nacional Cantábrico Noroeste. O obxectivo principal desta campaña é a realización dun estudo das estratexias de redución de descartes e especies non desexadas, así como da selectividade e supervivencia na pesca da plataforma de arrastre.

Galicia oeste e Cantábrico occidental é a área de traballo seleccionada, na que se estudiarán, entre outras cuestións, as curvas de selección  das especies e o seu comportamento e a supervivencia  dos descartes. Tamén se obterán as relacións tamaño-peso e se caracterizarán de xeito automático mediante o uso de novas tecnoloxías.   

A campaña forma parte do proxecto Descarsel, centrado na busca e desenvolvemento tecnolóxico dos dispositivos de pesca máis selectivos para a pesqueira do Cantábrico Noroeste. Trátase de posibilitar ós pescadores o cumprimento da obriga de desembarque establecida na Política Pesqueira Común (PPC) (en vigor dende o 1 de xaneiro de 2019) que obriga a desembarcar todas as capturas realizadas, incluidas as que non teñen ningún interese comercial, que computan na cota aplicable ó barco. 

Buque oceanografico Miguel Oliver

Outros artigos

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

“La España desigual de FOESSA”- José Castro López

“La España desigual de FOESSA”- José Castro López

España presenta el mayor crecimiento del PIB entre las economías avanzadas, que el Gobierno celebra diciendo que “la economía va como un cohete”. Pero detrás de esa euforia macroeconómica está la realidad de millones de personas atrapadas en la precariedad, la pobreza...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.