O BNG de Ribeira solicita o arranxo do firme no lugar de Deán Pequeno

22 Agosto 2020

O BNG ribeirense rexistrou unha iniciativa para que o Concello de Ribeira faga melloras no firme da estrada e empedrado que hai no lugar de Deán Pequeno polo mal estado no que se atopa a día de hoxe.

O concelleiro, Luís Pérez Barral, explicou que “a realización das obras de renovación das beirarrúas na avenida de Ferrol provocou que moitos vehículos que antes non pasaban polo lugar de Deán Pequeno se desprazasen por el provocando danos no firme”. Segundo Pérez Barral o espazo empedrado que hai uns metros máis arriba do cruceiro de capela que ten o lugar de Deán Pequeno, “o firme deteriorouse e abriu unhas fochancas dun tamaño considerábel que poden supoñer un risco para a seguridade viaria e para os peóns que por alí pasan”.

Os nacionalistas sinalan asemade que, na mesma estrada, uns metros máis arriba existe unha tapa de sumidoiro que se atopa varios centímetros por debaixo do nivel da estrada o que obriga a moitos vehículos que soben a deterse e manobrar para poder esquivar este desnivel.

Ante esta circunstancia reclámanlle ao Concello de Ribeira que realice as melloras oportunas no firme da estrada de Deán Pequeno que permitan circular sen riscos para a seguridade viaria.

Pérez Barral recriminou que isto é unha mostra máis do pouco mantemento que teñen as estradas do municipio e o desleixo do goberno local para ter en boas condicións o seu firme, o que provoca inseguranza viaria e molestias para condutores e veciños.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.