“O Barbanza” e “Código Cero” na listaxe de empresas xeocalizadas na app “Abertos ao Galego”

30 Agosto 2020

A Mesa pola Normalización Lingüística mantén en activo (e enriquecéndose) unha iniciativa de comunicación tecnolóxica para promover o galego entre as empresas e os establecementos comerciais: Abertos ao Galego. E faino botando man das tecnoloxías móbiles (unha app de seu) e dos recoñecementos e as distincións (visibilidade ante os clientes reais e potenciais) ao empresariado e aos profesionais que apostan pola nosa lingua como servizo engadido para o cliente. Á listaxe de empresas xeolocalizadas na app, longa e variada, tivo a sorte de adherirse recentemente o Grupo Código Cero Comunicación, responsábel da web-revista Codigo Cero e máis  O Barbanza, dous medios comprometidos coa difusión e defensa da nosa cultura dende os comezos da súa andaina.
En virtude desta incorporación, a nosa empresa ficará xeolocalizada na aplicación móbil gratuíta de Abertos ao Galego.
A Mesa pola Normalización, a respecto das empresas que figuran na ferramenta móbil, lembra que “non hai mellor proba de compromiso e responsabilidade co noso idioma que o seu uso normal que ademais cómpre recoñecer publicamente pois, especialmente no que afecta ao empresariado, aínda existen importantes dificultades que non son paliadas pola administración pública galega”.

Que é Abertos ao Galego?
Abertos ao Galego é un proxecto que a Mesa pola Normalización Lingüística puxo en andamento en 2008 para promover o uso do galego e dar visibilidade ás empresas que traballan en galego no seu día a día. Inclúe unha app do mesmo nome dispoñíbel para para terminais Android e iOS, onde están sinalados os establecementos que contan co certificado Abertos ao Galego xunto a aqueles dos que A Mesa ten constancia do uso da nosa lingua.
Alén da aplicación de uso gratuíto, todas as empresas que deciden asociarse ao proxecto Abertos ao Galego, dispoñen de maior visibilidade e promoción por parte das canles de Abertos e da Mesa pola Normalización Lingüística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...