A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 591, deles 302 son da área da Coruña, 74 da de Lugo, 41 da de Ourense, 43 da de Pontevedra, 83 da área de Vigo, 41 da de Santiago- Barbanza, un máis que onte e 7 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 23 en unidades de hospitalización e 566 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.428 persoas curadas, rexistrándose 621 falecementos. O último foi o dunha muller de 83 anos que estaba ingresada no hospital da Mariña. Trátase da segunda vítima mortal en tres días, despois de que non houbera falecidos desde xuño. Tiña patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 264.202.
Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago
O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...




