Novo número da revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia “Código Cero”

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á alianza de centros e empresas TIC fronte á COVID-19, o evento sobre intelixenciar artificial organizado polo CITIUS ou o uso da tecnoloxía para conseguir destinos turísticos seguros. Tamén abordamos os seguintes temas:
– A ferramenta galega PassCOVID colle impulso para estar lista en setembro
– O CITIC recibe un importante recoñecemento polo seu traballo contra a COVID
– A Deputación de Lugo contribúe a revitalizar A Mariña cunha app turística
– As JAI regresan en outubro baixo a fórmula do xemelgo dixital
– O CPEIG fai un chamamento a asumir os novos tempos (tecnolóxicos) políticos e formativos
– GAIN apoia catro novas unidades mixtas de investigación centradas no motor intelixente
– Vitae impartiu formación online a máis de 300 profesionais entre marzo e xuño
– O director xeral do CIXTEC avalía os grandes retos postCOVID das administracións
– AMTEGA amplía o catálogo de trámites que a cidadanía pode facer online coa Xunta
– Achándase o camiño para introducir a fibra nos conxuntos históricos dos concellos
– Convocadas 10 bolsas de formación e proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro
– Entrevistamos á responsábel compostelá das Lanzadeiras de Emprego