Nova vitima mortal da Covid19 eleva a 633 as vitimas en Galicia. Santiago- Barbanza é a terceira área sanitaria en número de casos activos

23 Agosto 2020

Un home de 66 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) faleceu este domingo con COVID-19, polo que a cifra total de mortes sitúase en 633 na comunidade. Sanidadeinforma que esta persoa, que presentaba patoloxías previas, dera positivo por coronavirus.

Esta fin de semana coñecéronse en Galicia cinco falecementos, catro deles comunicados este sábado. Trátase dos casos de dúas mulleres, de 91 e 89 anos, ingresadas tamén no CHUAC; o dun home de 92 anos na residencia Orpea de Culleredo; e o doutro home de 68 anos que era usuario da residencia do Incio, pero estaba ingresado no Hospital Lucus Augusti.

Con estas, son 14 as mortes rexistradas en Galicia nos últimos 17 días. O dunha muller de 91 anos o pasado 7 de agosto en Ourense foi o primeiro falecemento en Galicia desde o inicio da ‘nova normalidade’.

No que se refire á área Santiago-Barbanza hai 212 positivos ( tres hospitalizados, 2 no CHUs e 1 na Rosaleda). Os casos de Melide suben a 42 e o brote de santa comba chega a 15 positivos. Hai 1.864 curados e realizaronse 45.462 PCR

Outros artigos

A Pobra do Caramiñal acolle este sábado a I Regata Remo de Mar Mecalsa

A praia dos Areos acollerá este sábado, 18 de xullo, a I Regata Remo de Mar Mecalsa, unha cita organizada polo Club Remo da Pobra e a Federación Galega de Remo que reunirá deportistas das categorías alevín, infantil e cadete nas modalidades C1X e C2X.  A xornada dará...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.