No Son tres feridos nun accidente, entre eles dous nenos

28 Agosto 2020

Dúas menores e un adulto resultaron feridos tras unha colisión na que se viron implicados outros tantos vehículos en Porto do Son.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través da chamada de alerta dunha persoa particular na tardiña de onte.

En concreto, indicou que había dúas menores entre os feridos dunha colisión múltiple que se produciu ás 20:00 horas de onte no lugar da Arnela, en Porto do Son. Así, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, unha vez que prestaron os primeiros coidados, as cativas puideron ser trasladadas ao centro médico máis próximo polos seus familiares. Sen embargo, o adulto, con dor na columna, foi evacuado en ambulancia. De feito, necesitou a axuda dos Bombeiros de Ribeira para saír do vehículo e evitar, deste modo, agravar a súa situación.

Ademais de sanitarios e bombeiros, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como dos voluntarios de Protección Civil da localidade. 

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.