Na Pobra unha nova edición do “Camiños de Coñecemento e Experiencia” oferta tres novos seminarios. Universidade para maiores de 50 anos

13 Agosto 2020

O programa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Camiños de Coñecemento e Experiencia regresa por terceiro ano consecutivo ao municipio da Pobra, presentándolle á veciñanza maior de 50 anos unha atractiva oferta formativa. O alcalde Xosé Lois Piñeiro, a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e a técnica da mesma área, Fita Sanisidro, encargáronse de detallar o contido desta proposta.

Presentación na Pobrad unha nova edición do Camiños de Coñecemento e Experiencia

Trátase dun programa que se desenvolverá ao longo do mes de setembro, englobando tres seminarios das seguintes temáticas: criminoloxía, educación e teatro. Cada un constará dunha sesión teórica e outra práctica.
Deste xeito, o martes 22 terá lugar o seminario Introdución á criminoloxía. A criminoloxía e a política criminal a cargo de Ana Moure Soengas, da facultade de Ciencias Políticas (USC).
Volverá ao día seguinte cun obradoiro práctico e análise dunha pegada dixital.
O xoves 24 será a quenda de Diana Priegue Caamaño e Cristina Varela Portela, da facultade de Ciencias da Educación (USC), con Seminario Estilos educativos parentais, celebrándose o venres 25 a parte práctica.
Beatriz Porrúa Refojo, do Programa Universitario de Maiores IV Ciclo (USC), será a encargada de impartir Seminario Teatro. A construción do personaxe o luns 28, que proseguirá o martes 29 coa súa parte práctica a través dun obradoiro.
O curso concluirá coa tradicional entrega de diplomas en Santiago nunha data aínda por determinar, incluíndo algunha cita cultural.
Tódalas actividades celebraranse en horario de 16.30 a 18.00 horas, sen determinar, polo de agora, o lugar onde se desenvolverán as clases debido á situación xerada pola COVID- Este último aspecto dependerá do número de persoas inscritas, barallando como posibilidades a aula de estudo situada na planta superior da Biblioteca municipal ou o Auditorio do Museo Valle-Inclán. Unha vez se dispoña do número total de prazas cubertas, comunicaráselles aos participantes o espazo finalmente elixido.
A matrícula é gratuíta, dispoñendo dun límite de 25 prazas. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, con teléfono de contacto 981831545.
Tal e como indicou a edil Patricia Lojo, o obxectivo desta proposta é “a democratización do coñecemento, potenciando e difundindo o coñecemento científico a toda a poboación maior de 50 anos”. Pola súa parte, Fita Sanisidro salientou que son “charlas moi dinámicas e
participativas, acompañadas dun obradoiro práctico” e enfocadas na vida cotiá. Finalmente, o rexedor Xosé Lois Piñeiro expresou o seu agradecemento á Universidade de Santiago de Compostela (USC), Deputación da Coruña e Xunta de Galicia por ofrecer esta actividade, a cal conta co apoio do Concello porque “funciona e ten ese valor engadido de formación para a xente maior de 50 anos”, ademais de ser moi demandada pola veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.