Na Pobra un escaparate conxunto para o comercio local

24 Agosto 2020

A Concellaría da Dinamización Económica engadiu a semana pasada dous postos á feira que se desenvolve nos xardíns Valle-Inclán desde o mes de xullo. A finalidade desta última acción radica en amosar os produtos que ofrecen os establecementos pobrenses e contribuír así á dinamización da súa actividade comercial.

Postos da feira que se desenvolve nos xardíns Valle-Inclán na Pobra. Concello

Unha das casetas acubilla unha tenda de recordos, mentres que a outra serve de escaparate a negocios pobrenses e, no transcurso dos días, irase renovando con novos artigos. Actualmente o espazo alberga Mi Barquito de Papel, Mandarina, Lusco e Fusco, Amore, Picariños, Sportmoda e Jéssica Fernández Centro de Imagen.

O resto de casetas venden xogos de enxeño, artesanía india, marroquinaría
produtos garrapiñados, complementos en aceiro, fundas para o móbil de
madeira, prata da India e Tailandia, artesanía do coiro, minerais articulados e bolsos de cortiza. A cuarta edición desta feira permanecerá aberta ata o 31 de agosto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.