Na Pobra exposición “Premio Luís Ksado de fotografía” na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler

06 Agosto 2020

A Exposición do XVI Premio Luís Ksado de fotografía convocado pola Deputación da Coruña está formada polas obras gañadoras, exaequo, “Fillos de Breogán” de Alejandro Real e “Ganborder” de Javier Arcenillas. Un xurado internacional decidiu premiar conxuntamente as dúas obras pola súa alta calidade.

Un xurado internacional composto por  Jorge Represa, Ana Palacios, Luís Vasconcelos, Pilar Carrera e Xoán Crespo, co deputado de Cultura, Xurxo Couto como presidente e a xefa de sección de Cultura, Manuela Muñíz, en calidade de secretaria, decidiu por unanimidade por conceder o premio ex aequo a Alejandro Real e Javier Arcenillas por dous traballos que, segundo destaca “mostran unha gran calidade fotográfica e abordan a fotografía documental dende diferentes visións”.

 O xurado destacou que “Fillos de Breogán”, de Alejandro Real Novo é unha “serie moi consistente cunha forma pouco usual e moi orixinal de achegarse ao motivo fotografado”

En canto Gangborder” de Javier Arcenillas, apunta o xurado que se trata “dunha aposta de fotoxornalismo impecable, con moita forza e supón un relato redondo sobre un conflito case esquecido”.

A mostra completase coas colección dos catro finalistas do premio, “A epifanía etíope” de Carlos López, “Nuestra memoria” de Juan Medina, “Un breve momento de locura” de Fuco Reyes, e “Los paraísos artificiales” de Rosa Taboada.

DO 5 AO 31 DE AGOSTO 2020. 

HORARIO DE VISITAS:  DE 10.00 A 13.30 E DE 19.00 A 21.00 H

Casa da Cultura Raquel Fernández Soler A Pobra

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

El control de Donald Trump de Venezuela y el probable atropello de Groenlandia, lamasacre de Putin en Ucrania, la amenaza permanente de Xi Jinping -los tres quierenrepartirse el mundo-, o el hastío de los iraníes con su régimen, por citar solo unosejemplos, son...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.