Na Pobra dúas persoas, rescatadas dun vehículo tras envorcar na AG-11

18 Agosto 2020

Dúas persoas quedaron atrapadas ao envorcar a furgoneta na que viaxaban pola AG-11, ao paso pola Pobra do Caramiñal no quilómetro 31.

Trátase dun suceso do que tivo coñecemento o 112 Galicia ao fío deste mediodía logo de recibir a chamada de alerta dunha persoa particular. Indicou que conseguiran abrir as portas do vehículo, pero necesitaban axuda para sacar as dúas persoas que estaban atrapadas no interior. Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Boiro e Ribeira co fin de liberar ás vítimas e facilitar a súa atención médica.

De feito, foi alertado un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia, que enviaban efectivos ao punto para o traslado dos dous feridos ao Hospital do Barbanza.

Tamén foron informados os voluntarios de Protección Civil da localidade e os axentes da Garda Civil de Tráfico. 

Outros artigos

O Concello da Pobra presenta o VII Ciclo Victoriano García Martí

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste 14 de abril o VII Ciclo Victoriano García Martí, unha iniciativa xa consolidada no calendario cultural do municipio que rende homenaxe a unha das figuras máis destacadas da súa historia. A programación,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.