Na Pobra continúa o campamento de conciliación con diversas actividades

14 Agosto 2020

Un total de 40 crianzas participan actualmente no campamento de
conciliación posto en marcha no C.E.P. Salustiano Rey Eiras por parte da Concellería de Igualdade do Concello da Pobra do Caramiñal. Dito servizo funciona durante todo o verán e prolongarase ata o inicio do curso escolar. Ademais, contempla o Plan Madruga e comedor para dar maiores facilidades ás familias usuarias.
Xunto coas cinco monitoras e coordinador, os nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, desenvolven diversas actividades con vertente educativa e lúdica adaptadas a cada rango de idade: circo, manualidades, exercicio, charlas, etcétera. Así, cada semana traballan nun tema en concreto, abordando estes días as Olimpíadas. Do mesmo xeito, na xornada de onte afanáronse nunhas accións propostas pola área de Medio
Ambiente con motivo do programa Praias sen fume, da Xunta de Galicia.

Por outra banda, a maior parte do tempo, sempre que a climatoloxía o permite, atópanse en aularios exteriores para evitar permanecer en espazos pechados por mor do coronavirus.
Unicamente se desprazan ao interior do centro educativo para facer uso de Internet e das tablets. Estes 20 dispositivos adquiridos pola Administración local permítelles socializar a través de xogos de mesa e de lóxica, todos eles virtuais.

Cómpre sinalar que, seguindo o protocolo de seguridade establecido por mor da COVID-19, os cativos empregan en todo momento a máscara e manteñen separación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.