Mellorada a sinalética de Sálvora polo Taller de carpintería do servizo de drogodependencias

28 Agosto 2020

Con motivo da estancia en Sálvora de seis alumnos do taller de carpintería do Servizo de Drogodependencias de Ribeira, os concelleiros de Servizos Sociais e Promoción e Dinamización Económica, Ana Ruiz e Ramón Doval, desprazáronse ata a illa para observar in situ a evolución dos traballos que estes alumnos están a realizar a prol da comunidade e que serva ao mesmo tempo como unha actividade terapéutica e inclusiva para o seu beneficio.
Así, logo de que fai uns días se ocuparan de construír unha nova escaleira para a praia do Almacén, nestes momentos están elaborando unha trintena de carteis en madeira tallada destinados a mellorar a sinalización en diversos enclaves deste territorio enclavado no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. Tales labores deron pé a que os visitantes tivesen ocasión de transitar por lugares como a aldea, o faro ou o pazo de
Sálvora.

Taller de carpintería do servizo de drogodependencias de Ribeira en Sálvora. cedida


Na viaxe participaron tamén dous representantes do obradoiro de cociña O Pote que se están a encargar de preparar os menús cos que se están alimentado os usuarios da UAD (tamén está o seu profesor Manuel Casais). En concreto, a directora do taller Almudena Basoco e o profesor Patxi Movilla acudiron ata illa cunha nova remesa de alimentos preparados.
Cómpre lembrar que nas súas estancias na illa nos tres anos anteriores os usuarios do taller de carpintería ocupáronse de restaurar unha dorna e dunha embarcación auxiliar e dunha calesa: tres dos elementos que se exhiben no Pazo de Sálvora.

Traballos de colocación da sinalética da Illa de Sálvora. cedida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.