Desde este sábado un milleiro de docentes someteranse a test rápidos no Hospital do Barbanza

29 Agosto 2020

A Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza comeza hoxe o cribado mediante test rápido de anticorpos de dobre banda a todo o persoal docente (preto de 7.000) dos distintos centros educativos da área co obxectivo de determinar as posibles infeccións por COVID-19, antes de dar comezo ao curso escolar.

No hospital barbancés situarase nas 1.338 persoas -os 5.378 restantes farano no Clínico compostelán-. Estas xa comezaron a ser citadas a través do envío de SMS aos seus teléfonos móbiles, unhas mensaxes que están acompañados dun código QR que servirá como identificador de cada caso.

Segundo informa o SERGAS no caso do hospital comarcal, as probas realizaranse en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas, e o punto de toma de mostras estará situado na consulta 10 da planta 0.

Todos os participantes con probas negativas recibirán un SMS comunicándollo e os que resulten indeterminados recibirán unha chamada telefónica na que se lle informará do resultado e se lles solicitará que acudan de novo ao punto de extracción para realizar unha nova toma de mostra».

As autoridades sanitarias recomendan que os docentes que se sometan aos test rápidos non abandonen o recinto ata recibir o SMS. De igual forma, desde a Xerencia Integrada destacan que aquelas persoas que teñan algún tipo de síntoma compatible con ter covid-19 non deberán acudir á cita. No seu lugar, terán que consultar cun facultativo no seu centro de saúde ou Punto de Atención Continuada (PAC), se é fóra do horario de atención ordinaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.