Mad Compass e a súa mestura de monicreques, teatro e improvisación chega este xoves ao Cantón da Leña

05 Agosto 2020

Este xoves 6 de agosto o Cantón da Leña volve centralizar a vida cultural da Pobra, e faino da man de Mad Compass e a súa obra Os limpabotas, Nino e Mambrú. Segundo lembran dende o Concello, Mad Compass é unha nova compañía que reúne artistas de Italia, Francia e Galicia, “un grupo de creadores que veñen do teatro físico, o circo, a música, a danza e os mundos da máscara e os monicreques”. Os limpabotas é un espectáculo onde a acrobacia, a esgrima, o mimo e a improvisación co público converxen nunha obra de público familiar.

A obra relátanos a historia de dous personaxes que irrompen na cidade buscando ao seu próximo cliente, alguén a quen sacarlle lustre aos zapatos, gabándose de ser os mellores na súa materia e de ser respectados no mundo enteiro.

Trátase dunha obra de público familiar onde temas como o traballo, a relación fraternal e a competición son tratados dende a comedia.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.