O Centro Arqueolóxico do Barbanza informa na súa rede social que unha visitante do Dolmen de Axeitos a pasada fin de semana encontrouse parte da coraza pétrea do monumento megalítico rodada ladeira abaixo. Desde o Centro rogan que se alguén observa algún acto incívico que se poña en contacto coas forzas e corpos de seguridade do Estado.
Desgraciadamente este suceso ven a unirse á situación de abandono que padece un dos monumentos máis visitados de Galicia. O Dolmen foi comprado pola Deputación de A Coruña no ano 1975, salvándose en in extremis de ser demolido.

Ata hai uns anos contaba con gúia, técnicos que se manteñen nos Dolmen de Dombate e Cabaleiros, os tres propiedade do organismo provincial.
A área do Dolmen, que ten categoría de “Ben de Interés Cultural“ dentro da lexislación española, mantén unha situación de abandono que afea o aspecto o que se une a dificultade no acceso para as persoas con problemas, un acceso que se resolvería facilmente. Tamén a limpeza está abandonada e así por exemplo, a papepeleira necesita un recambio pero sobre todo que se vacie e non que esté meses chea.
