Guadi Galego esconxurou a adversidade dende a punta de Castiñeiras

30 Agosto 2020

Guadi Galego no concerto de Castiñeiras/ Imaxes de Fran Domínguez (@frandm_photo)

A actual crise sanitaria esíxenos unha volta aos formatos desenchufados e íntimos. En consecuencia, logo de meses de realidade a contrapelo (unha realidade que teima en perpetrarse), os fíos da emoción están aí fortalecéndose, entre público e artistas, entre público e público (malia o distanciamento, malia aos aforos limitados), entre os propios músicos, entre a paisaxe e as/os artistas. Certo que as circunstancias non son as mellores para desconectar (mentalmente), pero é case imposíbel non facelo cando se organiza un concerto de música única (Guadi Galego, afondando na emotividade dun repertorio abondo emotivo, e Carlos Abal na guitarra) nun escenario único: a poucos metros da praia do Castro, no promontorio onde tiña emprazamento a antiga fábrica de Salgadura de Castiñeiras (Ribeira), onde a cantante de Cedeira ofreceu o concerto final do ciclo Paisaxes Sonoras que organizou a Mancomunidade de Concellos de Barbanza-Arousa.

Segundo coincidiron artista e público ao remate da cita musical, onde se deron cita unhas cincuenta persoas (as entradas esgotáronse ao pouco de poñerse á venda), foi o xeito perfecto de despedir o verán (nas últimas raiolas do derradeiro sábado de agosto de 2020) e, tamén, unha maneira de escorrentar a adversidade: “Fannos falta máis experiencias coma estas”, engadiu Guadi, “logo do que pasou a xente ao longo destes meses e do que está a pasar aínda, ás portas xa de setembro”. A cantante puxo todo da súa parte para incidir nesta vontade de esconxurar o mal, comezando pola elección do repertorio (cancións propias como Matriarcas ou Amar a mares, entre outras, e versións como por exemplo O Carro de Fuxan os Ventos e Manuel María ou El sitio de mi recreo de Antonio Vega), e afondando logo, co transcurso do concerto, nunha interpretación dos seus temas que tivo moi en conta o lugar e o intre, converténdoos na banda sonora dese lugar e dese intre.

Ribeira: A antiga fábrica de salgadura de Castiñeiras

O concerto tivo lugar na antiga fábrica de salgadura, datada a comezos do século XIX e inserida dentro da área de lecer de punta do Castro. Emprazada na zona de dominio público marítimo-terrestre, preside a praia do Castro e ofrece unhas vistas privilexiadas á entrada da ría e á illa de Sálvora.

Carlos Abal acompañando a Guadi coa guitarra/ @frandm_photo

A artista: Guadi Galego

Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista na categoría de Canción de Autor, é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha andaina musical que comezou sendo moi nova. Tras tres discos en solitario Benzón, Lúas de outubro e agosto e O mundo está parado, chega Immersión, unha relectura musical e lingüística das súas obras máis recentes da que adiantou unha versión de Cedeira na que colabora Iván Ferreiro. Actualmente está mergullada de cheo na xira de presentación do seu último traballo, aclamado de xeito unánime por crítica e público.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.