A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.623, deles 960 son da área da Coruña, 136 da de Lugo, 145 da de Ourense, 84 da de Pontevedra, 138 da área de Vigo, 91 da de Santiago- Barbanza, e 69 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 5 están en UCI, 55 en unidades de hospitalización e 1.563 no domicilio.
Dos 1.623 casos activos en Galicia 17 están vinculados a centros residenciais, un máis que onte (11 usuarios e seis traballadores).
Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.657 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos. O número de PCR realizadas é de 286.968.