A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 827, deles 463 son da área da Coruña, 84 da de Lugo, 54 da de Ourense, 45 da de Pontevedra, 116 da área de Vigo, 45 da de Santiago, un deles hospitalizado, e 20 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 3 están en UCI, 35 en unidades de hospitalización e 789 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.476 persoas curadas, rexistrándose 622 falecementos. A última persoa falecida trátase dunha muller de 89 anos da área sanitaria da Coruña.
O número de PCR realizadas é de 269.448.