Forte vento e choiva intensa na comarca e en Galicia. Este xoves melloría

19 Agosto 2020

Galicia rexistra ventos de máis de 110 quilómetros por hora e choivas acumuladas de ata 64 litros por metro cadrado.

A borrasca situada ao sur de Irlanda está a provocar fortes ventos, con refachos que superaron os 110 quilómetros por hora, e choivas intensas, con acumulados de ata 64 litros por metro cadrado, en Galicia este mércores.

De acordo cos datos de Meteogalicia actualizados a ata as 19,30 horas, o rexistro de velocidade máxima do vento foi ás 3 da tarde en Penedo do Galo en Viveiro, donde se chegou ós 110 quilómetros por hora.

En canto á choiva en Muralla, no municipio coruñés de Lousame, acumuláronse ata as 19,30 horas un total de 63,8 litros por metro cadrado; mentres que en Fontecada, en Santa Comba, alcanzáronse 53 litros por metro cadrado. En Rois o acumulado chegara a 41,1 litros por metro cadrado. En Paramos, en Val do Dubra, rexistráronse 40,4 e en Coto Muiño, en Zas, 34,1 litros por metro cadrado.

A zona occidental da comunidade está este mércores en aviso amarelo por fortes ventos do sur e precipitacións, que se prevén especialmente abundantes entre as 18,00 e as 21,00 horas.

Para mañá xoves logo do paso da fronte durante a madrugada agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros en xeral, con menos nubes no extremo norte de Galicia, e con chuvias ao sueste máis persistentes pola mañá. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso en xeral. Os ventos soprarán do suroeste, moderados, con intervalos fortes entre Bares e a Costa da Morte.

Prognóstico xoves día 20 ás 14 horas

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Intervención e regulación” – José Manuel Pena

“Intervención e regulación” – José Manuel Pena

Hai que ser realista e non queda outra, ben a intervención e a regulación para poder garantir o dereito real a unha vivenda digna. As axudas do ICO ou o bono ao alugueiro non solucionan o problema da vivenda en España. Hai que intervir, como se fixo, no seu momento,...

“Muerte gestacional, perinatal y neonatal”. Inma Medina López

“Muerte gestacional, perinatal y neonatal”. Inma Medina López

Hoy 15 de octubre, se celebra el Día Mundial de Concienciación sobre la Muerte Gestacional, Perinatal y Neonatal. El concepto de muerte gestacional abarca todas laspérdidas de hijos/as producidas durante el embarazo, y el concepto perinatal y neonatalaquellas...