Este venres celébrase a V Regata Escola de Vela Ramiro Carregal

27 Agosto 2020

Este venres 28 de agosto celébrase no Club Náutico de Ribeira a quinta edición da Regata Escola de Vela Ramiro Carregal Rey, que nesta nova convocatoria contará coa presenza de 45 participantes (con idades comprendidas entre os 6 e os 17 anos). A saída será ás 13.00 horas e xa pola tarde, ás 16.00, celebrarase a final.

A entrega de premios está prevista para as 18.30 horas, no salón de actos do Club Náutico de Ribeira, situado no segundo andar do edificio. Contarase coa presenza do presidente da entidade, José Luis Torres Colomer, xunto coa doutros membros da directiva e máis do director da Escola de Vela e organizador o evento, Andrés Dávila.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.