Este mércores abre o prazo de solicitude do Bono Concilia para axudar ás familias a pagar unha praza nunha escola infantil da súa elección

18 Agosto 2020

A Xunta de Galicia abre este mércores 19, e ata o 27 de agosto, o prazo de solicitude do Bono Concilia, unha prestación de entre 45 e 250 euros mensuais para axudar as familias a pagar unha praza para os seus fillos na escola infantil da súa elección, naqueles casos nos que non obtivesen praza nun centro público. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que regula a concesión destas achegas económicas cun investimento inicial de máis de 1,7 millóns de euros, ampliable en función das solicitudes que se presenten.

O feito de que todos os segundo fillos e sucesivos accedan á gratuidade da atención educativa cambia substancialmente o cometido do Bono Concilia. Por iso, neste 2020, esta axuda seguirá en vigor, pero estará destinada aos primeiros fillos. Outra das novidades da convocatoria deste ano é que para as nenas e nenos que obteñan praza nunha escola infantil pública a partir do 20 de outubro, as familias poderán escoller entre aceptar esa praza ou continuar co bono.

As solicitudes, xunto coa documentación requirida, deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, tamén se poderán entregar de xeito presencial por rexistro.

O pasado 1 de abril Galicia converteuse na primeira Comunidade Autónoma en aprobar a gratuidade da atención educativa para os segundos fillos e sucesivos, en todas as escolas infantís de 0 a 3 anos con independencia da súa titularidade. Aínda que a actividade nestes centros se suspendeu por mor da pandemia da covid-19 e se retomará en setembro co inicio do novo curso, a decisión de que a atención educativa sexa gratuíta para as familias continúa vixente. Ademais de todas as escolas infantís públicas e as de iniciativa social, xa se acolleron a esta medida máis de 150 escolas infantís privadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.