En Ribeira os campamentos de verán encamiñan a súa recta final

28 Agosto 2020

Os campamentos de verán que se están levando a cabo no municipio ribeirense están chegando á súa fin e, con tal motivo, a concelleira de Cultura María Sampedro estivo a visitar ao longo da presente semana as catro iniciativas adheridas ao programa de Bonos ConciliaVerán lanzado
polo Concello coa fin de subvencionar a estancia de nenos e nenas
(acolléronse ao programa un total de 82 familias) nestas actividades.
Así, logo das visitas os pasados días dos campamentos promovidos por Globiocio, Ocio Bros e Golfiño, hoxe a edil estivo no organizado
polo club Natural Sport nas instalacións deportivas do IES Número 1.
Contou coa asistencia de medio centenar de rapaces e rapazas e, como broche de ouro, hoxe deu cabida a unha actividade moi especial consistente nun taller no que os pequenos e pequenas puideron interactuar con cans da man da entidade Atletas Caninos.

A concelleira de Cultura de Ribeira cos rapaces dos campamentos de verán

A concelleira de Cultura ten previsto desprazarse tamén ao
campamento que en Aguiño está a desenvolver a sede comarcal da
Asociación TDAH Salnés. En todas as visitas agasallou aos rapaces
cun libro de Os Bolechas dedicado á Festa da Dorna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.