O supermercado Gadis da Avenida de Rosalía de Castro,situado o lado do consistorio de Ribeira, foi escenario ao redor das dúas e media desta tarde dun atraco a punta de pistola.
As primeiras informacións indican que un individuo entrou na oficina da caixa central do establecemento para solicitar un impreso para presentar o seu curriculum e acto seguido sacou unha pistola e apuntou á encargada, á que lle pediu que lle entregase o diñeiro da caixa. Ante a situación a responsable do negocio accedeu á súa petición, e seguidamente o atracador fuxiu co botín. A traballadora conseguiu pedir auxilio e o atracador saíu fuxindo perseguido por dúas empregadas e un veciño.
Ao lugar do suceso acudiron patrullas das Policías Local e Nacional, así como unha ambulancia de Soporte Vital Básico ( SVB) de Urxencias Sanitarias-061 Galicia, que trasladou ao Hospital do Barbanza á empregada que sufriu un ataque de ansiedade. A policia iniciou un dispositivo de procura para tratar de localizar ao atracador fuxido.