En Artes o xurado do Premio Atlante de Gravado da a coñecelos gañadores da XI edición

01 Agosto 2020

O xurado do XI Premio Atlante de Gravado quere recoñecer e valorar de xeito moi especial a participación dos artistas nas penosas circunstaciancias que todos estivemos a vivir nestes últimos meses. A pesar destes feitos o número de obras presentadas segue a ser moi salientable, superando as 130 e mantendo a tendencia á internacionalización dos participantes e a
diversidades de técnicas empregadas.
En relación aos premios concedidos, o xurado decidiu deixar desertos o Premio Ramiro Carregal e o Premio Galicia, ao considerar que ningunha das obras presentadas, a pesar da súa calidade, reunía as condicións necesarias para estes recoñecementos.
No caso dos Premios Atlante, este xurado premiou a corrección e calidade técnica, a utilización de diversas texturas e o protagonismo da luz. Tamén se apostou pola linguaxe figurativa como unha parte substancial de todas as obras. Ademais, decidiuse conceder dous accesits atendendo ás mesma valoracións.

ACTA FALLO X PREMIO INTERNACIONAL DE GRAVADO ATLANTE 

Reunido na sede da Fundación o xurado do XI Premio Atlante de Gravado, organizado polo Museo do Gravado á Estampa Dixital (Concello de Ribeira), formado por Alfonso Costa Beiro, Manuel Ayaso Dios, Carmen Hermo Sánchez, Isabel Pintado Palacio, Juan Monterroso Montero, José Manuel López Vázquez e José Daniel Buján Núñez, acordaron por unanimidade conceder os seguientes premios: 

Premio D. Ramiro Carregal (5.000 €) – DESERTO 

Premios Atlante (2.500 €, 2.500 €, 2.500 €) 

Marco Poma País: Italia Título obra: SOLO Técnica: Mezzotinta, augatinta e punta seca en prancha de cobre 

Germán Aparicio País: España Título obra: S/T Técnica: Augaforte 

Carmen Isasi País: España  Título obra: Deshabitado Técnica: Fotopolímero e chiné collé 

Premio Galicia. Pedras de Santiago (2.000 €) – DESERTO 

ACTA FALLO X PREMIO INTERNACIONAL DE GRAVADO ATLANTE

Finalistas — Mencións de Honra

Mirta Gendin País: Arxentina Título obra: Nature 1 Técnica: Impresión dixital, calcográfica de 2 matrices de fotogravado 

Marcin Bialas País: Polonia Título obra: Campground 2 Técnica: Augaforte en prancha de zinc 

Seleccionáronse un total de 40 gravados que se expoñerán nunha das salas do museo cos premiados e os finalistas e que terá a súa apertura o 10 de outubro de 2020. Para que así conste, aos efectos oportunos, asínase no Museo do Gravado á Estampa Dixital ás 12:35 horas do 1 de agosto de 2020

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.