Duras críticas do alcalde ribeirense o presidente da FEMP, Abel Caballero, por “rachar” o consenso municipalista.

04 Agosto 2020

De resultas do acontecido onte na xunta de goberno da Federación Española de Municipios e Provincias, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, manifestou nun comunicado a súa decepción pois logo de anos de tradicional consenso nas decisións deste órgano rómpese este espírito por mor do voto de calidade dun presidente, Abel Caballero, que preferiu , di, pregarse aos intereses partidistas antes que defender o municipalismo.
A xuízo de Ruiz Rivas, o voto de calidade de Abel Caballero supón a
aceptación da chantaxe do Goberno Central. A súa decisión constitúe un novo agravio aos concellos e un serio menoscabo a aqueles que, como Ribeira, foron beneficiarios de fondos europeos FEDER para o desenvolvemento das súas Estratexias de Desenvolvemento Urbano
Sostible (EDUSI).
Futuro problema de liquidez
Neste senso, Manolo Ruíz di que a confiscación dos seus remanentes vailles ocasionar a medio prazo un importante problema de liquidez pois —non hai que esquecelo— son os propios concellos beneficiarios das EDUSI os que teñen que anticipar cos seus recursos o montante dos fondos europeos comprometidos antes da súa efectiva entrega por parte do Ministerio de Facenda: o que, no caso do Ribeira Atlántica 2015, sucedeu tres anos despois do remate das actuacións
subvencionadas.
“Abel Caballero xa non representa a municipalidade”, subliña Manuel Ruiz, quen en vista de anteriores previsións equivocadas por parte do Goberno do Estado pon en dúbida que aos municipios lles sexan devoltos efectivamente os seus cartos, que son ao fin ao cabo os cartos dos veciños. “O que quere Moncloa é un préstamo a fondo perdido para executar a súa axenda política e pagar as peaxes que ten coa seus socios”, finalizou o rexedor ribeirense.

Lembremos que semanas de negociacións entre o ministerio de Facenda e a Federación de Municipios e Provincias (FEMP) culminaron onte cun acordo que só recibiu o respaldo do PSOE -de feito obrigou ao alcalde socialista Abel Caballero a ejerecer o seu voto de calidade para sacalo adiante- e que arrasou con anos dun consenso que foi o selo de identidade dos municipios. O documento aprobado inclúe o compromiso do Goberno de distribuír 5.000 millóns dos orzamentos entre os concellos con remanentes. Ademais, establece que os entes locais «voluntariamente» poñerán ao dispor do Goberno a súa tesourería. A cambio, o Estado comprométese a transferirlles 2.000 millóns dos seus remanentes este ano e outros 3.000 o que vén. Isto será devolto en dez anos, comezando no ano 2022. «A cesión é a única maneira de utilizar os remanentes. Tras cedelos ao Estado, este devólvenolos libres de déficit e listos para gastar», arguementaba o alcalde de Vigo na rolda de prensa posterior.

Outros artigos

O BNG eleva ao Parlamento a falta de médicos en Ribeira

A deputada Rosana Pérez, rexistrou iniciativas no Parlamento galego co obxectivo de instar á Xunta de Galiza a dotar do número de profesionais sanitarios suficiente o centro de saúde de Ribeira. Dende o BNG denuncian que "malia os centos de anuncios e a propaganda do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...