Dodro recupera o xogo dos bolos cunha Liga comarcal

19 Agosto 2020

O sábado 22 de agosto no campo do Bosque en Vigo arranca  Liga de Bolos de Dodro, actividade organizada polo departamento de deportes da Concellería de Educación, Deportes e Emprego.

Esta iniciativa ven a raíz do traballo que diferentes persoas levaron a cabo en  varias aldeas do Concello de Dodro, onde se realizaron campionatos puntuais organizados por asociacións culturais e a nivel de organización popular. A recuperación dos xogos tradicionais e en concreto deste xogo é unha das liñas de actuación do departamento de deportes.

Unha pedra base que serve como zona de posto dos bolos foi atopado na aldea de Bexo e volveu a utilizarse para habilitar un novo campo de xogo no campo da festa. Na aldea de Manselle a veciñanza xa colocara unha pedra de lanzamento e habilitara un terreo de xogo no campo da festa do Valo de Manselle. Imo foi outra aldea no que se instalou unha pedra dos bolos para poder xogar a este xogo, neste caso na Lavandeira.

O concello de Dodro nestes meses ampliou esta oferta coa colocación de dúas pedras máis, unha no Bosque e outra no complexo deportivo de Lestrobe. Tamén se fixo un traballo de filmación de testemuñas da popularidade do xogo dos bolos en Dodro no século pasado, coa participación de D. Juan Abuín Collazo e D. Gerardo Tarrío.

A Dodro Liga de Bolos ten catro probas cos seguintes lugares e datas:

•        O Bosque 22 de agosto.

•        Complexo Deportivo de Lestrobe 29 de agosto.

•        Campo da festa de Bexo 19 de setembro.

•        Campo da festa de Manselle 26 de setembro.

O interese que espertou esta actividade fixo que se inscribiran dez equipos, do propio municipio e de concellos veciños como Rianxo, Boiro e a Pobra do Caramiñal.

As probas realizaranse o aire libre coas medidas de seguridade pertinentes e o uso obrigatorio de máscara incluso para os participantes na proba.

Outros artigos

Teatro Airiños organiza unha nova edición das Veladas de Primavera

A histórica compañía rianxeira Teatro Airiños vai organizar esta tempada tres fins de semana de actividades culturais na parroquia de Asados: as Veladas de Primavera. O ciclo desenvolverase na dita parroquia rianxeira, coa colaboración do Concello e máis da Deputación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...