Detectado positivo dunha traballadora na residencia Volta do Castro de Santiago

24 Agosto 2020

Unha traballadora da residencia Volta do Castro de Santiago de Compostela deu positivo en coronavirus polo que o Servizo Galego de Saúde procedeu a realizar probas ao resto de persoal e aos usuarios.

Segundo informaron fontes da área Sanitaria de Santiago, un equipo de profesionais de enfermería desprazouse á residencia para realizar PCR a “131 residentes e 162 traballadores” tras o coñecemento deste caso positivo. Con este novo caso, os usuarios e traballadores de residencias infectados con COVID-19 en Galicia seguen en 86 este luns. Do total, 67 son usuarios e 20 son traballadores.

Datos actualizados esta tarde na área sanitaria Santiago- O Barbanza:

  • Santiago. Residencia Volta do Castro. Un equipo de profesionais de enfermería desprazouse hoxe á residencia de maiores volta do Castro en Santiago para realizar PCR a 131 residentes e 162 traballadores tralo coñecemento de 1 positivo, hoxe, dunha traballadora.
  • 11 novos positivos detectados tralo estudo de contactos do screening realizado nos mozos do SAP de Melide.

No resto de Galicia os datos das consellerías de Sanidade e Política Social emitidos este luns, mostran que o centro residencial da Fundación San Rosendo mantense en 64 casos, dos que 56 son usuarios e oito empregados. Este último parte inclúe o primeiro usuario infectado na residencia DomusVi de Lalín (Pontevedra), xa coñecido o domingo. Ademais, hai dous traballadores positivo por COVID-19. Os 67 usuarios con coronavirus complétanse cos 10 existentes na residencia Orpea de Culleredo (A Coruña). Aquí, tamén segue estable o número de casos en traballadores, con catro Ademais dos oito traballadores afectados no Incio, os dous de Lalín e estes catro en Culleredo, hai un caso en cada unha das seguintes residencias de maiores: DomusVi de Monforte; Paradela; San Bartolomeu de Xove; e DomusVi de Barra de Miño, no municipio ourensán de Coles. Tamén suma a estes casos o dun traballador da residencia de discapacitados de As Flores, en Ourense, e o de Volta do Castro, en Santiago.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.