Desde este xoves aberto o prazo para solicitar axudas por suspensión ou redución de actividade pesqueira

13 Agosto 2020

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou a liña de axudas por 30 millóns de euros por suspensión ou redución da actividade pesqueira.

O prazo de solicitudes abreuse este xoves, 13 de agosto, e durará 15 días. Segundo esta orde de axudas, os profesionais da pesca poderán percibir ata un máximo de 50 euros por día de parada desde o 16 de marzo. Poden ser beneficiarios tanto armadores como persoas dedicadas á pesca que traballasen a bordo dun buque pesqueiro español afectado pola paralización vinculada á pandemia. Segundo informa a Delegación do Goberno nun comunicado, o obxectivo “é facer chegar de forma urxente liquidez” ao sector, polo que se acurtan os prazos “ao máximo para asegurar a plena eficacia e efectividade da medida”. Esta liña de axudas está cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro (FEMP) e aborda as contías máximas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...