De Méritos. Por Jacobo Otero Moraña

04 Agosto 2020

Hoxe tiña pensado falarlles sobre emigración, pero miren por onde que a realidade se empeña en traernos outra serie de cuestións que considero ineludibles, de maneira que trataremos o asunto do Rey Emérito. Parto dunha base que debe quedar moi clara. Eu non son nin fun nunca borbónico. É máis, en varios debates con sisudos historiadores sempre mantiven unha liña que manteño máis aló de cal sexa a situación. Desde o momento en que Pedro I foi asasinado en Montiel, dando acceso ao trono ao seu medio irmán Enrique(o primeiro dos Trastámara), a liña de sucesión quedou viciada. Vale que logo a dinastía afianzouse no poder nos dous principais reinos do que hoxe é o noso país, tanto en Castela como en Aragón, pero unha cousa non quita a outra. Que logo a liña sucesoria fose continuando a través daquilo que no seu día se chamou “razón de estado”, traendo reis foráneos ou autóctonos, e ata algunha aberración por moita dispensa papal que mediase polo medio,é algo que agora dificilmente pódese endereitar.

Os Reis na visita do 2006 a Ribeira

Son por iso republicano? Tampouco. Considérome un liberal, máis na liña que no seu día representou Don Práxedes Mateo Sagasta que na deses “ neo” que tan mala prensa xeran. Polo mesmo sinto un gran respecto por prohombres como Don Miguel de Unamuno e Don José Ortega e
Gasset, e por iso, cando me falan de cambio de réxime, vénme á cabeza a frase do noso máis ilustre e universal pensador:”Non era iso”.

E é que os sistemas de goberno non son bos nin malos. Mellores nin peores, senón o que deciden aqueles que ostentan a capacidade executiva en determinado momento. Foi precisamente un rei, Alfonso XIII, quen concedeu o título de cidade ao noso pobo alá por 1906. O mesmo ano en que naceron os meus dous avós(paterno e materno),a Estrela Galicia e en que ao avó do emérito quixérono facer saltar polo aire o mesmo día da súa voda. Pois ben, cando o monarca partiu ao exilio, ninguén revogou o título a Ribeira. E cando en 2006, Juan Carlos I visitounos con motivo do centenario, non cabía un alfinete nas rúas para darlle a benvida. Ollo,eu non estaba. De feito só vin unha vez de preto ao monarca, e foi durante o Gran Premio de Motociclismo de Valencia, xusto o ano que Jorge Lorenzo levou o campionato. Ese día , moitos dos que hoxe lle dan as costas, apiñábanse para saír ben na foto xunto á súa “ campechana maxestade”.

E é que iso é o que adoita pasar cos ídolos caídos. Tan pronto pintan bastos, ninguén lembra o bo, senón que se regodean en todo aquilo que está mal,e que non serei eu quen negue nin pretenda ocultar. Pero da mesma maneira na que a outros personaxes rínselle as golferías, nunca entenderei que estas sexan motivo de chanza ou escarnio en función da situación. Ao meu pódeme gustar moito a música de Sabina e de Enrique Urquijo, pero non por iso direi que son(ou foron) un dechado de virtude. Trátase de ser obxectivo. Punto.

Porque aquí o que xa parece que está en xogo non é se este señor foi un eterno neno caprichoso, senón unha operación de desquite que orquestrada desde parte das institucións, pretenden levarnos a unha ruptura sen importar o detalle de que moitas veces os fillos non son culpables nin responsables daquilo que fixeron os seus proxenitores. Virtude e defectos non se transmiten nos xenes. Outras cousas, si.

Imos caer nese xogo? Cada cal saberá. No que a quen lles fala respecta, non vou participar en defenestracións nin guillotinazos. Tampouco aplaudirei exilios nin favorecerei indultos. O que debemos ter claro é que en momentos así, hai que ter a cabeza fría. Pola contra un pode verse tentado a facer comentarios sarcásticos que molestarán sen dúbida a quen segue determinada liña. Lembrarlles que nas eleccións de 1917 en Rusia, os candidatos socialdemócratas gañaron por trece millóns de votos aos bolxeviques(proporción moi similar á que hoxe separa aos socios de goberno no noso país). Pero entón Lenin negouse a recoñecer os resultados e moito menos, a abandonar o poder. No caso de que en breve liquiden a monarquía, Que virá despois? Un asalto ao Palacio de Inverno ou unha Noite dos Coitelos Longos?…e é que xa sabemos que o dos “ mencheviques” e “bolxeviques”, por máis que se chamen irmáns, nunca acabou ben.

Outros artigos

“Para ver á miña rula, para ver ao meu querer” – Antón Luaces

Cando este venres estea a navegar entre o lusco e o fusco, o novo edificio do histórico Circo de Artesáns da Coruña acollerá, grazas ao labor da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a estrea de Pucho Boedo, 40 anos de lenda, documental creado por Xurxo Souto, a voz...

+

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez III

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

El control de Donald Trump de Venezuela y el probable atropello de Groenlandia, lamasacre de Putin en Ucrania, la amenaza permanente de Xi Jinping -los tres quierenrepartirse el mundo-, o el hastío de los iraníes con su régimen, por citar solo unosejemplos, son...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.