CONGALSA reivindica a innovación e a importancia das persoas no seu novo vídeo corporativo

21 Agosto 2020

Este mes de agosto a empresa pobrense CONGALSA presentou nas redes o seu novo vídeo corporativo, unha coidada peza audiovisual na que se pretende transmitir os alicerces da filosofía de traballo de CONGALSA, o que a define e identifica como organización. Estes piares son, en palabras da empresa, a mellora continua e máis “o activo máis valioso da compañía, as persoas”. O vídeo está visíbel en Youtube, onde xa amorea medio milleiro de reproducións.

Segundo informan fontes de CONGALSA, “neste novo vídeo tentamos compartir coa nosa audiencia os valores que forman parte do noso ADN, como son os ideais, a cultura e a aposta polo futuro que definen o noso modelo de sustentabilidade”. Estes valores, explica, son o resultado de 30 anos de experiencia no sector de elaborados de produtos do mar e masas e convertéronse nos alicerces fundamentais dunha “estratexia propia de desenvolvemento sustentábel”, explican.

A través da creación de diferentes escenarios e momentos de consumo, a intención é comunicar “de maneira máis eficaz e fluída” a perspectiva de futuro da compañía e o valor engadido das súas marcas no mundo: Ibercook Food Service, para os profesionais da hostalaría, Ibercook Fun Food, a gama de produtos deseñada para desfrutar en casa e Nowtural, a gama máis recente de produtos 100% naturais e coa sustentabilidade como atributo fundamental.

Para a gravación do novo vídeo corporativo, contouse cunha ampla participación do persoal da empresa, incluído unha das súas máis recentes fichaxes de CONGALSA: Pepe, o robot humanoide especialmente deseñado para a interacción social e que desenvolve funcións de asistente de recepción (está programado para interactuar coas persoas que visitan a sede principal da empresa no Polígono da Tomada da Pobra).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.