O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a resolución definitiva da liña de axudas pola que a Deputación da Coruña destina 899.990,29 euros a apoiar aos clubs deportivos e deportistas da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional.
Beneficia a un total de 108 clubs coruñeses masculinos e femininos de todas
as especialidades deportivas (fútbol, baloncesto, atletismo, balomán, rugby,
natación, piragüismo, remo, ciclismo, voleibol, hockey, ximnasia, judo,
taekwondo…) que participan en competicións deportivas do máis alto nivel.
Outras 18 axudas foron denegadas por motivos como a desistencia na
solicitude, duplicidade ou non ter presentada a documentación requirida.
As subvencións oscilan entre os 80.991,19 euros que percibe o Hockey Club
Liceo da Coruña e os 72.900 do Club Universitario de Ferrol con maior número de socios, até os preto de 2.000 das entidades máis pequenas como o Club Patinaxe Artística Agora ou o Club Xadrez Rianxo.
A deputada responsable da área de Deportes da institución provincial, Cristina Capelán, destacou a “importante contribución deste programa para apoiar aos principais equipos do deporte coruñés e situalos á vangarda do deporte galego e nacional”.
As subvencións poden consultarse na BOP de hoxe https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/08/10/2020_0000005545.pdf
LISTADO DE EQUIPOS DA COMARCA QUE RECIBIRÁN AXUDA
Beneficiario: CLUB ITF NOIA
Obxecto: Participación en competicións federadas de ámbito
nacional, modalidade kickboxing recibirá 2.949,50€
Beneficiario: CLUB KEMPO POBRA
Obxecto: Campionato de España de Kempo ano 2020 . 3.485,00€
Beneficiario: CLUB NATACION RIVEIRA
Obxecto: Participación de deportistas do Club Natación Riveira
en competicións federadas de ámbito nacional durante o ano
2020. 5.950,00€
Beneficiario: CLUB NAUTICO PORTOSIN
Obxecto: Participación do clube a nivel internacional na
modalidade de vela lixeira clase 49ER. 7.650,00€
Beneficiario: CLUB NOIA FUTBOL SALA
Obxecto: Subvencións para clubs deportivos de ámbito
nacional: segunda división fútbol sala. 24.300,00€
Beneficiario: CLUB PATINAXE DE RIVEIRA
Obxecto: Patinaxe: Competición federada de ámbito nacional
ano 2020. 4.250,00€
Beneficiario: CLUB PIRAGUISMO RIAS BAIXAS
Obxecto: Participación na liga nacional federada de piragüismo 5.950,00€
Beneficiario: CLUB VOLEIBOL CABO DE CRUZ
Obxecto: Voleibol Superliga 2 – Participación en competición
federada de ámbito nacional durante o ano 2020. 5.950,00€
Beneficiario: CLUB XADREZ RIANXO
Obxecto: Participar no campionato de España de xadrez (2ª
división). 1.800,00€
