Cinco novos casos da Covid-19 en Santiago- Barbanza, son xa 40. Galicia sube a 533, 89 mais que onte. Os positivos son 111 nun día

08 Agosto 2020

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 533, deles 246 son da área da Coruña, 79 da de Lugo, 37 da de Ourense, 44 da de Pontevedra, 81 da área de Vigo, 40 da de Santiago, e 6 da de Ferrol. Sen embargo a diferencia de altas de onte e os positivos elevan a 111 os novos afectados pola COVID- 19 nun día.

Do total de pacientes positivos, 3 están en UCI, 25 en unidades de hospitalización e 505 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.403 persoas curadas, rexistrándose 620 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 262.510.

Tal como informamos en O Barbanza unha muller de 91 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ( CHUO) e que fora diagnosticada por coronavirus faleceu na tarde deste venres, segundo informou a Consellería de Sanidade. O desta muller, que presentaba patoloxías previas, correspóndese co primeiro caso positivo relacionado co brote de Vilar de Barrio (Ourense), polo que tamén permanece ingresado o seu marido de 90 anos. 

A deste venres é a primeira morte rexistrada en Galicia desde o pasado 10 de xuño, cando foi notificada a última vítima mortal, un home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Con estes datos, xa son 620 os pacientes falecidos en Gal

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.