Cidadanía activa e esixente. Por José Manuel Pena

18 Agosto 2020

Sería moi triste volver caer nos mesmos erros, unha década despois de comezar a crise económica. Neste tempo, todo púxose en cuestión á hora de xestionar as diferentes situacións. Estes difíciles anos deixáronnos unha gran bolsa de pobreza e de desigualdade social, quedando fose do sistema millóns de familias e desaparecendo a clase media.

Preferiuse rescatar ao sector financeiro, en especial á banca, con axudas directas no canto de protexer e defender ás persoas. Priorizouse o pago da débeda por diante de calquera outra #cuestión, pasando por encima dos nosos dereitos máis básicos, como o dereito á alimentación, a un salario social ou renda básica, á sanidade, á educación, a un traballo digno ou a unha vivenda. Dereitos Fundamentais que se viron pisados coa desculpa da presión exercida pola ditadura dos mercados financeiros e o rescate á banca.

A estas alturas xa poucos poden dubidar de que é necesario unha maior participación cidadá activa e esixente; dunha maior xustiza social, baseada na redistribución da riqueza así como a construción dun mundo máis xusto, equitativo e sostible. Palabras e desexos que non poden quedar no caixón dos despachos oficiais con boas intencións, é hora das realidades.

Recordo que cando era pequeno desexaba saber o que quería. Agora son consciente do que non quero, e desde logo non quero vivir alleo á realidade máis próxima, enfrontándome (dentro das limitacións evidentes) con compromiso e valentía ás inxustizas. Quero unha sociedade civil que non siga pecando de indiferenza #ante a dor allea e que tamén se comprometa a axudar á construción dunha nova realidade, baseada na idea do propio sentido común. Nunca podemos esquecernos de onde vimos e de quen son; se o conseguimos axudaremos a construír un mundo mellor para as futuras xeracións.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.