Chegan a Escarabote os Cruceiros Costeiros pola Ría

11 Agosto 2020

O porto de Escarabote foi esta mañá escenario da presentación dos
Cruceiros Costeiros 2020 pola Ría de Arousa, que promove a Asociación
Galega de Actividades Náuticas (AGAN) e que fan escala en Boiro. Na
presentación participaron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, a
concelleira de Turismo, Marisa Collazo, o conselleiro de Cultura, Román
Rodríguez e o presidente de AGAN+, Manuel Soliño.
No acto de presentación estiveron tamén presentes a directora xeral de
Turismo de Galicia, Nava Castro, o presidente do Clúster de Turismo de
Galicia, Cesáreo Pardal, concelleiros e concelleiras da coorporación municipal, alcaldes e concelleiros doutros municipios, a xerente da Mancomunidade Barbanza Arousa, Fátima Cachafeiro, e representantes e membros de entidades deportivas e empresas vinculadas co mar e o turismo, axencias de viaxes e touroperadores.
A presentación da campaña de Cruceiros Costeiros pola Ría 2020 coincidiu coa chegada dos primeiros visitantes a Escarabote. O proxecto está enmarcado nos programas europeos Nea 3 e Ecodestin_3IN e ofrece distintas travesías, desde un día a sete de duración, polas rías galegas. Son itinerarios para desfrutar do turismo mariñeiro e que permiten coñecer, entre outros moitos recursos, o Parque Nacional das Illas Atlánticas e rememorar o percorrido dos restos do Apóstolo Santiago pola ría de Arousa.
En Boiro estes minicruceiros fan escala no Porto de Escarabote, onde os
visitantes se van familiarizar coa tradición mariñeira do municipio e coñecer toda a súa historia na mostra etnográfica Mar de Boiro . “Este proxecto vai ser un gran impulso, non so para Escarabote, senón tamén para todo o concello e para a comarca”.

Cruceiros Costeiros pola Ría

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.