Chega o primeiro Campus de Surf de Porto do Son

31 Agosto 2020

Entre hoxe 31 de agosto e o 4 de setembro vaise desenvolver a primeira edición do Campus de Surf de Porto Son. As sesións, que se van celebrar nas Furnas en horario de 10.00 a 20.00 horas, están dirixidas a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos. O campus vén da man da Escola de Surf Arealonga coa colaboración do Concello. Achégase un número limitado de prazas, non só por motivos de seguridade sanitaria, aínda que tamén, senón para garantir unha atención máis personalizada.

No campus traballarán estes días, impartindo formación teórica e práctica (sobre surf e bodyboard, sobre materiais, modalidades, competicións), profesionais deste deporte compartindo coñecementos e trucos cos novos deportistas. As sesións inclúen equipamento, comidas e seguros. Tamén inclúe charlas sobre a necesidade de coidar a natureza e sobre métodos para garantir a seguridade no mar.

Outros artigos

As contas de Porto do Son medran un 4,8% con respecto ás do ano pasado

O pasado venres 19 a Corporación municipal de Porto do Son celebrou a súa sesión plenaria do mes de abril, na que se aprobaron os orzamentos para este ano, que teñen unha contía de 12,3 millóns de euros e que representan un incremento con respecto ás contas de 2023...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...