Candorcas embisten varios barcos na costa galega un deles preto de Corrubedo

Salvamento Marítimo emitiu este luns un radioaviso nas Rías Baixas polo avistamento na zona de candorcas, que xa embestiron a dúas embarcacións.
Os acetáceos realizaron unha acometida contra un veleiro francés e outra contra o veleiro Mirfak da Armada que estaba a dúas millas de Corrubedo, aínda que sen danos de importancia. A embarcación  está a ser reparada para tratar de estar a punto para a competición da próxima fin de semana e participar na regata de vela Príncipe de Asturias.

Salvamento Marítimo solicita ás embarcacións na zona que, se ven a estes animais, “non tenten aproximarse”, dean “amplo resgardo” e informen as autoridades.

Por outra banda, efectivos de Salvamento Marítimo prestaron auxilio este luns a un veleiro holandés con dous tripulantes a bordo que sufrira unha avaría no motor. Foi remolcado á Coruña pola Salvamar Betelgeuse.