Broken Peach reconstrúe éxitos de sempre este venres en Porto do Son

27 Agosto 2020

A banda galega Broken Peach vai estar esta semana en Porto do Son, compensando aos seareiros musicais dun verán que, tal e como obrigaron as circunstancias, veu motivado pola contención, o aprazamento e a cancelación de encontros e concertos multitudinarios. A cita, un novo concerto convocado baixo as máis estritas medidas de seguridade e distanciamento, será este venres 28 de agosto ás 21.00 horas na praza de España da vila sonense.

A banda Broken Peach, para que non o saiba, é un grupo de catro mozas e tres mozos que centran boa parte dos seus esforzos en revisitar con enerxía e contundencia sonora algúns dos temas que máis soaron por estas terras nas pasadas décadas e mesturalos aínda que os ingredientes parezan difíciles de mesturar. Temas como Personal Jesus de Depeche Mode, Proud Mary de Creedance Crearwater Revival, Dont stop me now de Queen ou We are the champions, tamén de Queen.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.