Aumentan a 62 os pacientes coa COVID19 hospitalizados en Galicia, cinco deles en UCI. Na área de Santiago e Barbanza hai 63 casos activos, tres deles pacientes hospitalizados

17 Agosto 2020

Os pacientes con coronavirus COVID-19 ingresados en hospitais de Galicia ascenden a 62 este luns –48 deles na área da Coruña e Cee–, cinco dos cales se atopa en Unidade de Coidados Intensivos (UCI). Segundo os datos facilitados polas áreas sanitarias este luns, na área de Santiago e Barbanza hai 63 casos activos, tres deles pacientes hospitalizados. O brote relacionado cun cámping da localidade de Muros se sitúa en sete casos positivos, tras obter resultado negativo as 69 PCR realizadas o domingo.

Na da Coruña e Cee dos 851 casos activos, 48 permanecen ingresados, catro en UCI e 40 en planta do Chuac e catro no Hospital Quirón. Ademais, rexistráronse outras 11 altas e realizado 836 PCR.

Na área de Vigo hai 139 pacientes con COVID-19, dos que dous se atopan en unidades de hospitalización no Hospital Álvaro Cunqueiro, mentres 137 permanecen en seguimento no seu domicilio. Ata a data curáronse 2.245 pacientes.

Na área sanitaria de Ourense os casos activos ascenden a 114, tres deles pacientes ingresados no HUO e 111 en seguimento a domicilio. Ata a data, esta área suma 2.155 casos, 1.907 pacientes curados e 134 falecementos. As PCRs sitúanse en 38.712.

Na área de Lugo, A Mariña e Monforte os casos activos sitúanse en 110, dos cales un se atopa en UCI no HULA e tres noutras unidades de hospitalización do mesmo centro, mentres 105 permanecen en seguimento domiciliario. Ata a data na provincia luguesa rexistráronse 29 falecementos e 1.258 persoas de alta ou curadas.

Ata a data rexistráronse 1.840 curados e realizado 41.843 PCR. Pola súa banda, na área de Ferrol dos 53 casos activos que contabiliza, todos eles permanecen en seguimento no seu domicilio. Ata a data rexistrou 589 casos non activos ou curados e 33 falecidos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Non á guerra!” – José Manuel Pena

“Non á guerra!” – José Manuel Pena

Non á guerra, debe ser algo máis que un slogan ou unha apostila electoral. Os gobernantes, responsables políticos, institucións e organismos internacionais así como a propia cidadanía temos que ser conscientes de que queremos un mundo en paz, libre de guerras e con...

“La idea de D Trump sobre Irak” – Manuel Domínguez

“La idea de D Trump sobre Irak” – Manuel Domínguez

Para no alargar mucho la guerra, que no suceda lo de Putin con Ucrania, está pensando en trocear el país, deshacerlo como estado y crear 10 mini estados, así está armando a los kurdos para combatir y generar una guerra civil. Una guerra civil en la que participarán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.