As rutas de O Son Camiña lévannos o día 23 ao balcón do Barbanza: o monte Iroite

17 Agosto 2020

Continúan os roteiros de O Son Camiña, o programa de rutas para sendeiristas que nos leva aos moitos miradoiros que regala a Serra do Barbanza ao seu paso polo Porto do Son: balcóns naturais dende o que contemplar algunha das mellores paisaxes galegas e co engadido de facelo a pé e coas axeitadas medidas de aforamento (limitado) e control sanitario. A nova cita será este domingo 23 de agosto e lévanos ao monte Iroite.

A ruta comeza ás 9.00 horas, con saída do Bar Mambols, e terá 18 quilómetros de percorrido e un nivel de dificultade a ter en conta polos participantes potenciais: dificultade moi alta. O límite de prazas é de 60. Quen queira inscribirse na experiencia pode facelo a través do correo osoncamina@gmail.com, indicando nome, apelidos, teléfono e número de DNI. Segundo lembra o Concello de Porto do Son, será obrigatorio o uso de máscara de protección.

Polo que respecta ao “contido” da andaina, levaranos, en palabras da organización, “a un dos carreiros con mellores vistas e de maior altitude do concello”. A camiñada comeza nas proximidades da praia de Aguieira, levando aos participantes aos pasais da aldea de Queiro (que cruza o río Cans) e logo aos núcleos de Resúa e Pedra do Lobo, “desde onde ascenderemos ata un camiño que discorre case a nivel pola parte alta da ladeira do monte Iroite”. A baixada ofrecerá unha inmellorábel oportunidade para “gozar da preciosa paisaxe chegando á parte máis baixa da ruta onde se atopan varios petróglifos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...