Agadea suma máis de 150 quilómetros polo Alzhéimer

21 Agosto 2020

A entidade organizou a súa tradiciona Andaina en Ribeira, ‘Os
Camiños da Memoria’, de forma virtual debido á COVID-19.
Ata corenta persoas sumáronse a esta iniciativa que contou coa
participación dunha bebé de meses ata maiores de máis de 80 anos

Nolia Riaño e o seu bebe. 5 quilómetros. cedida

Agadea superou con éxito o reto virtual de sumar quilómetros polo Alzhéimer ata alcanzar os 154,79 km percorridos. Así, ata corenta persoas participaron na Andaina Virtual ‘Os Camiños da Memoria’.

JKuana Souto Paz, uns metros. cedida

Entre familias con bebés, grupos de amigos/as, usuarias do Centro de día ou e membros do Clube Sachacamiños. Cada un deles mandou unha foto co seu
nome e os quilómetros da súa ruta. Houbo os que percorreron uns metros e
outros que realizaron 15 km. Todos os esforzos sumaron nestes #QuilómetrosPoloAlzhéimer.

María, Loli e Cris, 10 quilómetros. cedida

Este venres, 21 de agosto, Agadea publicou nas súas redes sociais un vídeo
que recolle todos os momentos da Andaina Virtual, na que ademais se
entregou un Dorsal Solidario aos que o solicitaron e abriuse unha conta para doazóns.

Remedios Argibay, 4 quilómetros. cedida

Agadea solicitoulle a todos os participantes que respectaran as medidas de
seguridade sanitaria establecidas pola autoridade competente: máscaras e
distancia social.

Club Sachacamiños, once quilómetros

Malia a difícil situación xerada pola pandemia, Agadea mantén abertos os seus Centros de día en Ribeira, Santiago e A Estrada, para atender as necesidades das persoas maiores, cumprindo escruprulosamente os protocolos sanitarios.

Isabel Gey, presidenta de Agadea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.