A V Andaina ‘Os Camiños da Memoria’, que organiza Agadea en Ribeira, este ano será virtual

12 Agosto 2020

O día 21 de agosto Agadea Alzhéimer en Ribeira celebrará a súa tradicional Andaina ‘Os Camiños da Memoria’. Esta edición e debido a excepcional situación provocada pola COVID19 terá carácter virtual.
As persoas que desexen participar deberán mandar unha foto ao whatsapp 647 589 725 que mostre a súa andaina diaria, ben sexa pola rúa, pola praia, no xardín, ou no andar da súa casa. Ademais do seu nome deberá indicar a
distancia percorrida. As fotos recolleranse ata o día 18 de agosto. O 21 de agosto publicaremos un vídeo conmemorativo no se dará conta do total de quilómetros percorridos pola Alzhéimer. O hashtag será #QuilómetrosSolidarios.
Dende Agadea lembramos que todos os participantes nesta andaina virtual
deberán respectar as medidas de seguridade sanitaria establecidas pola
autoridade competente: máscaras e distancia social.
Aquelas persoas que o desexen tamén poderán obter o seu Dorsal Solidario
facendo unha doazón en www.agadea.org.
Dende o ano 2016 a nosa entidade, que xestiona o Centro de día Alzhéimer e o Centro de Estimulación Terapéutica atendendo a máis de cen familias da zona, vén celebrando esta Andaina cun gran éxito de público. Só o ano pasado participaron 300 persoas nunha xornada na que se uniu o deporte coa solidariedade.
Con este mesmo espírito, Agadea organiza esta quinta edición da Andaina Os Camiños da Memoria animando aos usuarios, familiares e a sociedade civil do Barbanza a participar activamente.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.