A Pobra dará continuidade ao campamento de conciliación até a véspera do inicio do curso

31 Agosto 2020

O campamento de conciliación que se desenvolve no CEP Salustiano Rey Eiras da Pobra e no cal participan 40 crianzas seguirá funcionando até o día antes do inicio do curso escolar, ou sexa, até o 9 de setembro. Así o fixo saber hoxe o Concello, engadindo que se trata do quinto ano en que se presta este servizo a través da Concellaría da Igualdade, unha iniciativa para as familias que tamén inclúe servizo para madrugadores e comedor.

Ata alí desprazouse hoxe a edil da Igualdade, Charo Varela, para, xunto ao coordinador, Rubén López, explicaren o propósito do campamento, o cal durante todo o verán contou con 65 nenos e nenas, sen se limitar unicamente á localidade, pois tamén poden facer uso del familias de municipios limítrofes e, incluso, aquelas que veñan gozar da comarca na época estival.

Xunto coas cinco monitoras e o coordinador, os cativos e cativas, con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, desenvolven diversas actividades cunha vertente educativa e lúdica adaptada a cada rango de idade. Por exemplo, no día de hoxe estiveron divertíndose da man de Troskita. Seguindo o protocolo de seguridade establecido por mor da COVID-19, emprégase en todo momento a máscara e mantense a separación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.