A Pobra abre en setembro o prazo do cobramento voluntario do IBI e do lixo

24 Agosto 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal abrirá o 1 de setembro o prazo do cobramento para o pagamento voluntario do Imposto sobre Bens Inmóbeis (IBI): urbano, rústico e BICES. Segundo explican fontes do Goberno local, o prazo ficará aberto ata 31 de outubro. Así mesmo, o mesmo período de tempo será aplicábel ao cobramento da taxa do lixo correspondente ao primeiro semestre do presente ano.

No que respecta ao imposto sobre vehículos de tracción mecánica, o cobramento xa está en marcha desde 15 de xullo, co vencemento estipulado no 30 de setembro.

O Concello explica que “debido á situación sanitaria derivada da COVID-19 recoméndase máis ca nunca ter feita a domiciliación bancaria, mais, de non é así, poderase realizar o pagamento achegándose ata a Oficina de Recadación situada no andar baixo do Consistorio ou chamando ao teléfono de contacto 981843280 e marcando a extensión 2002”. O horario establecido é de luns a venres, de 09.00 a 13.00 horas, sen resultar necesario solicitar unha cita previa.

O vencemento do prazo de ingreso no período voluntario sen ter ingresada a débeda tributaria motivará a apertura do procedemento recadatorio no período executivo coa recarga de constrinximento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.